7/11/12

¡La calle es chupi!


3 chiripitifláuticas páxinas con todo o que debes saber pra buscarte a vida na rúa (como artista, eh). Starring Samantha Billar. Rotulada con atrocio e alevosía en amazing comic sans. Saíu no Jueves # 1849. (pincha pra ler).

4/9/12

Gordillo, qué merendillo!


Fake camisetas Sanchez Gordillo (que merendillo), ese Robin Hood de hoxe. Published no Jueves # 1839 . Feito a golpe de lazo fotoshopeiro (pero que manguelos)

6/3/12

TDH 35: VIDA E MIRAGRES DE DON MANUEL starring Michael Lardo





Mentres a Retranca segue en hibernación, velaquí unhas instantáneas do emotivo TDH espesial Don Manuel que tíñamos preparado para o número 34. Para un TDH que facemos en verso garcilasiano... ntchts, en fin. Tede fé, lowbáns, que a Retranca # 34 ha de saír ós kioskos algún día se Deus e Alá queren.

16/2/12

Guinda ARCO en El Jueves



Esta semana en El Jueves sacamos 3 paxinazas con todo o que nunca quixeches saber sobre ARCO e a arte contemporánea (ese mundo de sinvergüenzas). Starring Antonio Lopez, Carlos del Amor, Damien Hirst, Macaco e Fulgencia Coixet, among others. Correi ó kiosco que esto vai ser peza de colecionista. (Pincha to zoom).

12/2/12

7/2/12

Fusión de TDH con Chamboneurs.org



Esto era en petit comité pero xa o podemos chafardear:
Temas de Hoxe fusiónase con Chamboneurs
.org

Chamboneurs.org (Sociedad filantrópica para el fomento de la Chambonada ilustrada 2.0) lanzou por San Martiño unha OPA hostil a TDH Magazine cultural daquela maneira S.moi L. Tras duras negociacións levamos a auga ó noso rego e acordamos unha fusión de condicións satisfactorias para ambas partes (ver foto). Deste xeito, Chamboneurs incorpora os activos humáns e manguelos de TDH para afrontar con solvencia os desafíos do século XXI en materia de mamarrachada e humor infame. En palabras do Chairman Delegado de Chamboneurs.org: "Un pequeno paso para o home, un gran chimpo para a zafiedade".

Pero tranquilos, lowbáns, que mentras haxa Retranca haberá Temas de Hoxe e continuaremos con este blog. Eso sí, xa podedes pasar polo facebook de Chamboneurs e recomendarllo a todo cristo. E próximamente, o twitter de chamboneurs. E a web. Un sindiós. Seguiremos informando.

3/2/12

CIRCULAR INFORMATIVA MCNV(*)

Retranca, temporalmente fora do Kiosco por quebra da distribuidora



Achtung! Onte os colaboradores da Retranca soubemos polo noso editor que Coedis, a distribuidora da revista, entrou en concurso de acreedores deixando a deber un pastizal considerable. Esto quere decir que a Retranca #34 non sae ó kiosco ata que a editorial solucione este marronazo e a revista poida volver a editarse e distribuirse con normalidade.


A nova colleunos finiquitando o TDH 34, adicado a un prohome bó e xeneroso que cucou ahí atrás. De feito esta entrada tería que ser o trailer desta entrega que de momento vai quedar no disco duro.

Estamos recibindo palés de mensaxes de apoio a Retranca e a TDH que nos fan mirar cos ollos cargados de futuro e enchen de purín os nosos corazóns. Graciñas a todos, amigos e amigas letoras!. En fin, que a ver se a cousa remonta axiña e podemos darvos o voso again, lowbáns.

Long life to Retranca!
Temas de Hoxe Uber Alles!
_________________________________________________
(*) nota: MCNV= apócope homologado pola W3C da expresión Mecagonavirgen.

13/11/11

29/8/11

En agosto non pasa nada



Bochornoso manual periodístico (con chistes infames) asinado polos manguelos desta casa.
No Jueves # 1787.

9/8/11

Posters de Hoxe no Viñetas

Onte arrincou o festival Viñetas desde La Coru 2011 e puxemos á venda
estes
chamboposters no stand de Polaquia. Atencion, lowbáns:





Poster Urban Potatos. Reedición deluxe en formato A2 (60 x 42 cm).
Cuatricromía en papel mate de 300 gramos. PVP 7 €.





Posters Heroes e Malignos de Hoxe. Impresión dixital formato A3
en papel satinado.
PVP Cada un solto: 4 €. (Se levas o par, ofertón: 6€)

Á venda no stand de Polaquia. A zona de stands é mais ou menos onde sempre.

28/7/11

Os profetas do Byte en El Jueves



Mac vs PC. Manzaniña vs Ctr+Alt+Supr. Unha reportaxe de alta arqueoloxía informática: a historia xamaís contada de Steve e Bill, os profetas de Silicon Valley. Esta semana no Jueves.

13/7/11

O Top-Manta da Sgae en El Jueves



Espetacular dobre páxina do Top Manta de Teddy Bautista, na revista que sae os mércores (concretamente, hoxe) Click to zoom.