Mostrando entradas con la etiqueta Efemérides. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Efemérides. Mostrar todas las entradas
20/12/12
23/12/11
21/6/11
Hat trick chambón en El Jueves

EFETIVAMENTE: Esta semana temos 3 colaboracións bandera nun só número de El Jueves. 3 chambonadas de alto standing: A portada a cargo de Pepito Barea en solitario (que non en solitaria), o poster-protesta-recortable dos Cagonlahostia e a gran campaña solidaria Salvemos Intereconomía. E agora ides facer 2 cousas: 1) Mercar o Jueves si ou si, e 2) recortar a billetada e mandala por correo ordinario aos nosos fenomenais compañeiros de Intereconomía. (Nós acetamos billetes normais, asi semos de humildes.)
Ah, e non se esquecer de encher o pasatempo-poesía que ven no poster dos Cagonahostia.
(ATUALIZACIÓN: Intereconomia.com faise eco da nosa eurocampaña)
20/4/11
Lowbaneando en BCN
A finde pasada os lowbáns desta casa viaxamos á capital culé coa escusa do saloon do comic de BCN. Lowbán A asistíu á Fira a enzoufar exemplares dos seus álbumes El Circo Lorza e Petaco. Mean while, Lowbán B aproveitou para examinarse de cinturon negro 8 Dan de Muxir o Teto. Un dos eventos estelares da finde foi a cena de colaboradores da revista El Jueves, que coma todolos anos tivo lugar no recoñecido, venerable e lixeiramente balorecido restoran "7 Portes".

Estasiados pola aura mística da Súa Santidade Pedro Vera.

The Thursday Next Generation: de esquerda a dereita: Paco Sordo, John Tones, Ricardo Peregrina, un da Fonte dos Ranchos, Rubén Fdez., un de Fingoi, Morán, Edgar e Xavi Morató.

17/11/10
O do Secostro

A estas alturas non teremos que explicar o antroido que montou o capo da imprenta Hellraiser Godoy de Murcia cando víu a Retranca "Especial Papa" recén saída do seu prelo. Por se alguén non se enterou (que manda nabo, xque o tema saíu ata en Intereconomía) aquí vos deixamos este formidable relato dos acontecementos fotonovelado polo noso amigo e compañeiro Kohell.
26/10/10
16/5/10
Poster TDH edición limitada!!
A VER, HO! Celebra o Día das Letras Trilingües con jeito!! Agora podes descargar o poster de Galicia en 80 Concejos en HI_RES. Unha edición limitada, en primoroso PDF tamaño A3 que podes baixar aquí. Só para os 100 máis fast and fourious.

...por unha vez, esa carallada que poñemos sempre de "also available in PDF" non é unha FALACIA!
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
ATUALIZACIÓN (18 maio 2010) Ésito fulminante! a tirada de 100 e-posters esgotouse esta tarde. Nunca unha chambonada trilíngüe esvaecérase tan rápido da rede. Na redación de TDH embárganos a euforia e cal Bustamantes só podemos decir
OEEEEÉ OEEEEÉ
OEEEEÉ OAAAAÁ
...e como moita xente quedou coas ganas, colgámolo outra vez.

9/3/09
Verbena: The movie
Confirmouse o que xa sabiamos dende hai tempo: Temas de Hoxe é a gran esperanza do audiovisual galego. Os loubáns de J.A.C. Films Corporation acaban de levar á pantalla un dos ensaios máis didáticos e rigurosos da breve historia de TDH: "A verbena: O conceto espacio-temporal". Felicitamos ao intrépido realizador Anxo Villar e esiximos o visionado da peza en universidades, posgraos, colexios, tascas e teleclubes.
13/8/08
EXPORETRANCA NO FESTIVAL "VIÑETAS"

Efetivamente, dende o luns 11 de agosto o Festival de BD "Viñetas desde o Atlántico" da Coru acolle unha mostra exhaustiva e didáctica sobre a revista Retranca. Arriba reproducimos o panel correspondente a Temas de Hoxe, por se queredes lelo (cousa que dubidamos). A expo foi deseñada polo Sr. Guitián coa inestimable axuda da súa rapaza e formidable deseñadora Isabel Vila. Ala, todos á sala municipal Durán Loriga. Tedes tempo ata finaís de agosto, loubáns.
19/4/08
RETRANCA CONQUISTA O SALOON DE BARCELONA
Efetivamente: Para a nosa sorpresa e regocixo a revista Retranca recibíu onte o premio do público á mellor revista do ano 2007 dentro dos premios do Saloon do Comic de Barcelona. En TDH estamos conmocionados por esta demostración de apoio e agarimo d@s nos@s lectores e fans (que son lexión). Nestes intres, queridos lectores, nos embarga a emoción e só podemos decir :
OÉ OÉ OÉ OÁ
A SSMM Don Joan Carles Rei de Polonia posa xunto a Ray Harryhausen e o Compañeiro na gala de entrega dos premios do Saló.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)