Mostrando entradas con la etiqueta Extras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Extras. Mostrar todas las entradas
23/12/11
9/8/11
Posters de Hoxe no Viñetas
Onte arrincou o festival Viñetas desde La Coru 2011 e puxemos á venda
estes chamboposters no stand de Polaquia. Atencion, lowbáns:
Poster Urban Potatos. Reedición deluxe en formato A2 (60 x 42 cm).
Cuatricromía en papel mate de 300 gramos. PVP 7 €.
Posters Heroes e Malignos de Hoxe. Impresión dixital formato A3
en papel satinado. PVP Cada un solto: 4 €. (Se levas o par, ofertón: 6€)
Á venda no stand de Polaquia. A zona de stands é mais ou menos onde sempre.

6/5/11
España = Outlet

Barato, barato! Esta semana no Jueves, gran editorial macroeconómico: analisamos a venda de empresas, clubes de fútbol e débedas patrias á chinallada emerxente. Para EJ levamos feitos 3 editoriais 3 sobre españolísimos asuntos. A este paso, nos collerán en Intereconomía de tertuliáns para falar de España (España, Bandera-Bandera). Cada día máis Leguineches!
22/12/10
26/10/10
16/5/10
Poster TDH edición limitada!!
A VER, HO! Celebra o Día das Letras Trilingües con jeito!! Agora podes descargar o poster de Galicia en 80 Concejos en HI_RES. Unha edición limitada, en primoroso PDF tamaño A3 que podes baixar aquí. Só para os 100 máis fast and fourious.

...por unha vez, esa carallada que poñemos sempre de "also available in PDF" non é unha FALACIA!
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
ATUALIZACIÓN (18 maio 2010) Ésito fulminante! a tirada de 100 e-posters esgotouse esta tarde. Nunca unha chambonada trilíngüe esvaecérase tan rápido da rede. Na redación de TDH embárganos a euforia e cal Bustamantes só podemos decir
OEEEEÉ OEEEEÉ
OEEEEÉ OAAAAÁ
...e como moita xente quedou coas ganas, colgámolo outra vez.

24/12/09
Falaz 2010

Amigos letores, aquí tedes a nosa chambocard cos nosos mellores desexos para o 2010.
O equipo de TDH desexámosvos Felices Resacas. Ah, e lembrade pedirlle aos reises unha destas camisetas imprescindibles para todo loubán (e loubana) de pro. Deixámosvos que temos que ir buscar uns benxamíns. Hala, que vos queime o demo :-)
9/3/09
Verbena: The movie
Confirmouse o que xa sabiamos dende hai tempo: Temas de Hoxe é a gran esperanza do audiovisual galego. Os loubáns de J.A.C. Films Corporation acaban de levar á pantalla un dos ensaios máis didáticos e rigurosos da breve historia de TDH: "A verbena: O conceto espacio-temporal". Felicitamos ao intrépido realizador Anxo Villar e esiximos o visionado da peza en universidades, posgraos, colexios, tascas e teleclubes.
13/8/08
EXPORETRANCA NO FESTIVAL "VIÑETAS"

Efetivamente, dende o luns 11 de agosto o Festival de BD "Viñetas desde o Atlántico" da Coru acolle unha mostra exhaustiva e didáctica sobre a revista Retranca. Arriba reproducimos o panel correspondente a Temas de Hoxe, por se queredes lelo (cousa que dubidamos). A expo foi deseñada polo Sr. Guitián coa inestimable axuda da súa rapaza e formidable deseñadora Isabel Vila. Ala, todos á sala municipal Durán Loriga. Tedes tempo ata finaís de agosto, loubáns.
POSTER MAMBO TOUR

Atención ao número 10 da Retranca, porque ademáis do dobre de páxinas inclúe un fenomenal poster-calendario de festas galegas estivaís de interese etílico-gastronómico-torístico. Para que logo vaiades decindo que en TDH non facemos nada de proveito.
(Nota aos lectores: o poster trae unha errata bastante considerable feita con alevosía, avisados quedan.)
(Outra nota: as festas non son todas as que son pero son todas as que están. Se non sae a da túa parroquia non te cagues nas nosas nais: sinxelamente é imposible metelas todas. Estamos en tratos cos da Enciclopedia Galega para sacar o verán que ven unha guía de peto de 30 tomos.)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)