Leandro, tío duro, ¿queres pór unha pica en Flandes? ¿Sentirche como un auténtico Neil Armstrong pinchando a bandeira das barras e as estrelas na cara da lúa? Pois o tes tirado: Onte -longa e ociosa tarde de traballo no xornal-, despois de falar coa túa curmá, intentei baixarme o marabilloso mapa de Jalisia cos oitenta concejos... pero cheguei moi tarde (seis meses polo menos). Eu quería colgar-lo poster na redacción deste panfleto que me paga as nóminas, para escandalizar a estes fachas do carallo -míranme mal desde que puxen de fondo de pantalla outro poster en galego e quero que me miren peor-. Así que, ¿non ides facer unha bonita felicitación do nadal ou poster de ano novo, etc? Vou colgalo na columna que teño á miña esquerda, a ver se entenden o que é a retranca.
Xa che digo: no mesmo núcleo duro do imperio do mal.
Pénsacho (e perdoa o meu castrapo, isto de ser trilinghüe é o que ten)
1 comentario:
Leandro, tío duro, ¿queres pór unha pica en Flandes?
¿Sentirche como un auténtico Neil Armstrong pinchando a bandeira das barras e as estrelas na cara da lúa? Pois o tes tirado:
Onte -longa e ociosa tarde de traballo no xornal-, despois de falar coa túa curmá, intentei baixarme o marabilloso mapa de Jalisia cos oitenta concejos... pero cheguei moi tarde (seis meses polo menos). Eu quería colgar-lo poster na redacción deste panfleto que me paga as nóminas, para escandalizar a estes fachas do carallo -míranme mal desde que puxen de fondo de pantalla outro poster en galego e quero que me miren peor-. Así que, ¿non ides facer unha bonita felicitación do nadal ou poster de ano novo, etc? Vou colgalo na columna que teño á miña esquerda, a ver se entenden o que é a retranca.
Xa che digo: no mesmo núcleo duro do imperio do mal.
Pénsacho (e perdoa o meu castrapo, isto de ser trilinghüe é o que ten)
Saúde e licor café!
Begoña (sí, ésa)
Publicar un comentario