7/2/12

Fusión de TDH con Chamboneurs.org



Esto era en petit comité pero xa o podemos chafardear:
Temas de Hoxe fusiónase con Chamboneurs
.org

Chamboneurs.org (Sociedad filantrópica para el fomento de la Chambonada ilustrada 2.0) lanzou por San Martiño unha OPA hostil a TDH Magazine cultural daquela maneira S.moi L. Tras duras negociacións levamos a auga ó noso rego e acordamos unha fusión de condicións satisfactorias para ambas partes (ver foto). Deste xeito, Chamboneurs incorpora os activos humáns e manguelos de TDH para afrontar con solvencia os desafíos do século XXI en materia de mamarrachada e humor infame. En palabras do Chairman Delegado de Chamboneurs.org: "Un pequeno paso para o home, un gran chimpo para a zafiedade".

Pero tranquilos, lowbáns, que mentras haxa Retranca haberá Temas de Hoxe e continuaremos con este blog. Eso sí, xa podedes pasar polo facebook de Chamboneurs e recomendarllo a todo cristo. E próximamente, o twitter de chamboneurs. E a web. Un sindiós. Seguiremos informando.

No hay comentarios: